Facenda Farruquiño – Historia e Visión

A nosa historia

En Facenda Farruquiño levamos tres xeracións vivindo do campo e para o campo.

Nacemos en Cospeito, no corazón da Terra Chá, e medramos co orgullo de facer ben as cousas, respectando o ritmo da natureza e o benestar dos animais. O noso camiño comezou cunha pequena explotación familiar de vacún e porcino, e hoxe seguimos traballando coa mesma paixón e coidado que nos ensinaron os nosos maiores.

Criamos vacún de carne e porcino en ciclo pechado, garantindo o control total sobre todo o proceso: desde o nacemento ata que o produto chega á túa mesa.

  • Máis de 70 hectáreas de terreo produtivo en Cospeito.

  • 72 reprodutoras de vacún que pastan en liberdade.

  • 125 nais de porcino e dous centros de produción en Outeiro de Rei e Cospeito.

  • Produción anual de máis de 3500 animais.

A nosa carne forma parte da IXP Tenreira Galega, un selo que recoñece a orixe, calidade e autenticidade do noso traballo.

Como medramos?

En 2016, nun período complicado para colocar no mercado os produtos da explotación familiar polas canles tradicionais, optamos por chegar ao consumidor final, abrindo así unha pequena carnicería en Burela.

O éxito desta iniciativa animounos a crecer e diversificar. Fusionamos os nosos produtos con outros de alimentación e, en 2018, demos un novo salto converténdonos nunha cadea de supermercados.

A expansión continuou en 2021 coa adquisición da industria cárnica Embutidos RM Riopedre Méndez, na Fonsagrada, especializada en chourizo, androlla e butelo tradicional. Grazas a iso, hoxe abastecemos os nosos puntos de venda cun embutido de montaña de máxima calidade.

 

O noso presente e futuro

“Facenda Farruquiño” seguirá sendo un selo, unha garantía da calidade dos nosos produtos. Con todo, a evolución natural do noso negocio impulsános a reforzar a imaxe da nosa marca, unha identidade que reflicte o resultado de todo este proceso de crecemento.

Un nome que fala de tradición, de esforzo, de innovación e de orgullo galego. Seguiremos medrando con responsabilidade, apostando pola sostibilidade, o produto local e a confianza de sempre.

Así nace “Farruquiño”.